JAPURÁ – AM – Paróquia Nossa Senhora Aparecida

Prelazia de Tefé – AM – Norte I CNBB

CRER SEN AGRADECER

Deixe um comentário

cropped-centro-oeste.jpg

José Antonio Pagola. Traduciu: Xaquín Campo

O relato comeza narrando a curación dun grupo de dez leprosos nas proximidades de Samaría. Pero, esta vez, non se detén Lucas nos detalles da curación senón na reacción dun dos leprosos ao verse curado. O evanxelista describe coidadosamente todos os seus pasos, pois quere sacudir a fe rutineira de non poucos cristiáns.

Xesús pediulles aos leprosos que se presenten aos sacerdotes para obteren a autorización que lles permita integrárense na sociedade. Pero un deles, de orixe samaritana, ao ver que estaba curado, no canto de ir aos sacerdotes, vólvese para buscar a Xesús. Sente que para el comeza unha vida nova. En diante, todo será diferente: poderá vivir de xeito máis digno e ditoso. E sabe a quen llo debe. Necesita atoparse con Xesús.

Volve “loando a Deus a grandes berros”. Sabe que a forza salvadora de Xesús só pode ter a súa orixe en Deus. Agora sente algo novo por ese Pai Bo do que fala Xesús. Non o esquecerá xamais. En diante vivirá dando grazas a Deus. Loarao berrándoo con todas as súas forzas. Todos teñen que saber que se sente amado por el.

Ao atoparse con Xesús, “bótase aos seus pés dándolle grazas”. Os seus compañeiros continuaron o seu camiño para atopárense cos sacerdotes, pero el sabe que Xesús é o seu único Salvador. Por iso está aquí cabo del dándolle grazas. En Xesús atopou o mellor agasallo de Deus.

Ao concluír o relato, Xesús toma a palabra e fai tres preguntas expresando a súa sorpresa e tristeza polo ocorrido. Non están dirixidas ao samaritano que ten agora aos seus pés. Recollen a mensaxe que Lucas quere que se escoite nas comunidades cristiás.

“Non ficaron limpos os dez”? Non se curaron todos? “Por que non recoñecen o que recibiron de Xesús”? “Os outros nove, onde están”? Por que non están alí? Por que hai tantos cristiáns que viven sen daren grazas a Deus case nunca? Por que non senten un agradecemento especial cara a Xesús? Non o coñecen? Non significa nada novo para eles?

“Non volveu máis que este estranxeiro para dar gloria a Deus”?. Por que hai persoas afastadas da práctica relixiosa que senten verdadeira admiración e agradecemento cara a Xesús, mentres algúns cristiáns non senten nada especial por el? Bento XVI advertía fai uns anos que un agnóstico en procura pode estar máis preto de Deus do que un cristián rutineiro que o é só por tradición ou herdanza. Unha fe que non xera nos crentes alegría e agradecemento é unha fe doente.

 

 

Anúncios

Deixe um comentário

Preencha os seus dados abaixo ou clique em um ícone para log in:

Logotipo do WordPress.com

Você está comentando utilizando sua conta WordPress.com. Sair / Alterar )

Imagem do Twitter

Você está comentando utilizando sua conta Twitter. Sair / Alterar )

Foto do Facebook

Você está comentando utilizando sua conta Facebook. Sair / Alterar )

Foto do Google+

Você está comentando utilizando sua conta Google+. Sair / Alterar )

Conectando a %s